Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28228

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 55/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 55/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Antonio Romero Alarcón contra a empresa JBA Construçoes LDA sucursal en España, sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións, que se encontran á súa disposición na sede deste xulgado:

Auto do 14.5.2021, impugnable en reposición no prazo de tres días, e dilixencia de ordenación e decreto do 14.5.2021, impugnables en revisión no prazo de tres días.

E para que sirva de notificación en legal forma a JBA Construçoes LDA sucursal en España, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza