Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28230

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (COA 111/2021).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento conta de avogados 111/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Unión Xeral de Traballadores de Galicia contra Hind Jaouad, sobre conta de avogado, se ditou dilixencia de ordenación, do 1.3.2021, en que se lle require de pagamento ou oposición e que é impugnable en revisión no prazo de tres días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Hind Jaouad, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 14 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza