Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Luns, 7 de xuño de 2021 Páx. 28244

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021198AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de abril de 2021, a xefa territorial de Ourense da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021198AE-OU incoado ao titular do CIF 34989566B, con enderezo na rúa Julio Rodríguez Soto, 26-2º B, 32500 O Carballiño (Ourense).

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), ao non ser posible efectuala, por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 44 da devandita lei, notifícaselle ao titular do CIF 34989566B, con enderezo na rúa Julio Rodríguez Soto, 26-2º B, 32500 O Carballiño (Ourense), o contido dese acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a Xefatura Territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que no caso de non efectuar alegacións sobre o contido dese acordo no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 19 de maio de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2021198AE-OU.

DNI/NIF/CIF: 34989566B.

Último enderezo coñecido: rúa Julio Rodríguez Soto, 26-2º B, 32500 O Carballiño (Ourense).

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos: Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín na provincia de Ourense (DOG número 203-bis, do 7 de outubro).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: seiscentos euros (600 €).