Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 28002

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO da aprobación inicial da expropiación urbanística das parcelas afectadas pola segunda fase de ampliación do CEIP Otero Pedrayo no Plan especial de ampliación de equipamentos educativos.

A Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria do 29 de abril de 2021, acordou aprobar inicialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta para efectos da obtención dos terreos afectados pola segunda fase de ampliación dos equipamentos do Colexio Ramón Otero Predayo, segundo o proxecto expropiatorio redactado para o efecto.

O proxecto de expropiación sométese á información publica polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, para que aqueles que poidan resultar interesados formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade ou valoración dos respectivos dereitos.

A Laracha, 6 de maio de 2021

José Manuel López Varela
Alcalde