Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 4 de xuño de 2021 Páx. 27646

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 25 de maio de 2021 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2020/21 (código de procedemento ED311D).

BDNS (Identif.): 567420.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que cursase durante o ano académico 2020/21 cuarto curso de educación secundaria obrigatoria no réxime ordinario en calquera dos centros da Comunidade Autónoma de Galicia, que estea proposto polo equipo docente para a expedición do título de graduado en educación secundaria e obtivese no conxunto dos catro cursos de educación secundaria obrigatoria unha nota media igual ou superior a 9,00 puntos.

Segundo. Obxecto

Convocar, na Comunidade Autónoma de Galicia, os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico (código de procedemento ED311D) correspondentes ao curso 2020/21. Esta convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, está dirixida ao alumnado que destacase polo seu rendemento académico na etapa de educación secundaria obrigatoria.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde ECD/1611/2015, do 29 de xullo (BOE núm. 183, do 1 de agosto), pola que se crean e regulan os premios nacionais ao rendemento académico do alumnado de educación secundaria obrigatoria e de ensinanzas artísticas profesionais nos ámbitos de música, danza e artes plásticas e deseño.

Cuarto. Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 16.000 €. Cada premio estará dotado con 800 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2021 e rematará o día 6 de xullo de 2021.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade