Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (466/2018).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 466/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Alejandro José Jacobo Bacelo contra Industrias e Talleres Barces, S.L. (Intabar, S.L.) sobre ordinario, foi ditada resolución do 6.4.2021, cuxa parte dispositiva di:

«Decido

Estimar parcialmente a demanda interposta por Alejandro José Jacobo Bacelo fronte á empresa Intabar, S.L. e, en consecuencia:

– Condenar a empresa Intabar, S.L. a aboar á demandante a cantidade de catro mil douscentos sesenta e un euros con trinta e tres céntimos de euro (4.261,33 euros), conceptos salariais que producirán o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, para o cal bastará manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Publicación. Lida e publicada foi a presente sentenza polo xuíz que a ditou no mesmo día da súa data, estando a celebrar audiencia pública. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Industrias e Talleres Barces, S.L. (Intabar, S.L.), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza