Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado nº 2233 do Coeticor, o día 19.1.2021 quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na citada data.
Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.
Domicilio: A Batundeira nº 2, Velle, 32960 Ourense.
Denominación: LMTA, CTI e RBT lugar Rubiás.
Situación: concello de Allariz (Ourense).
Orzamento: 29.178,95 €.
Características técnicas:
– Reforma da LMTA, 20 kV, ALL805, coa substitución de 5 apoios de formigón que pasan a celosía metálica, instalando novo condutor do tipo LA-56 (actuacións 1 e 3 do proxecto), de 263 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 26-25 proxectado da LMTA ALL805 (expediente 2260AT), e final no novo apoio proxectado nº 26-27 existente da LMTA ALL805 (expediente 2260AT).
– LMT, a 20 kV, de acometida a novo CTI Rubiás, con condutor tipo LA-56, de 10 m de lonxitude, con orixe no apoio nº 26-25 proxectado da LMTA ALL805 (expediente 2260AT) e final no CTI proxectado.
– CTI lugar Rubiás, de tipo intemperie con illante en aceite mineral, de 50 kVA con r/t 20.000/400.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, de 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Ourense, 11 de maio de 2021
Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense