Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 6 de maio de 2021, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:
Establecemento 1:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 23 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 1.122,14 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Actuais titulares: Rosa Balsa Serantes, José Carlos Mariño Balsa e Diego Mariño Balsa.
Establecemento 2:
Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.
Identificación e localización: parcela número 703 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no concello de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 40,04 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Actual titular: Rosa Balsa Serantes.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: mortis causa (mediante pacto sucesorio de mellora).
Novos titulares: José Carlos Mariño Balsa (***6260**) e Diego Mariño Balsa (***5444**).
Os novos titulares subróganse no prazo, dereitos e obrigas dos anteriores.
Vigo, 6 de maio de 2021
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo