Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27502

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 452/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 452/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Ignacio Quintela Fernández, Rafael Gago González e Jesús Ángel Juncal Calvo contra Noyamóvil, S.L. e Noyastar, S.L., no cal se sinalou a conciliación e/ou o xuízo para o día 21.6.2021, ás 11.35 e 11.40 horas, respectivamente.

Estando as demandadas en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto cumprindo o disposto na Instrución 6/2012, da Secretaría Xeral da Administración de Xustiza, relativa á publicación de edictos en diarios e boletíns oficiais e á protección de datos, co fin de que lles sirva de notificación e citación na forma.

Santiago de Compostela, 20 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza