Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 3 de xuño de 2021 Páx. 27488

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de corrección de erros da Resolución do 14 de maio de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario.

Mediante a Resolución do 14 de maio de 2021 (DOG núm. 96, do 25 de maio) resolveuse a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante de xefatura de persoal licenciado sanitario.

Advertido erro na citada resolución en galego, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común de administracións públicas, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Corrixir o erro, e así, na páxina 25926 en galego, onde di: «Féliz Rubial Bernárdez», debe dicir: «Félix Rubial Bernárdez».

Segundo. Concederlle un novo prazo ao profesional nomeado para que cese na praza que desempeña dentro dos tres (3) días hábiles seguintes ao da publicación desta corrección de erros no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberase efectuar dentro dos dous (2) días hábiles seguintes ao do cesamento.

Ourense, 27 de maio de 2021

Félix Rubial Bernárdez
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras