Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle da zona M da modificación número 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada por medios telemáticos o xoves 29 de abril de 2021, tras os trámites e informes preceptivos de conformidade coa tramitación regulamentaria, aprobou definitivamente o estudo de detalle da zona M da modificación núm. 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo preparado por encargo de Hijos de Rivera, S.A.U. pola consultora IDOM Consulting, Engineering, Architecture S.A.U.; redactado polos arquitectos José Manuel Regueiro Grela e Matilde Álvarez Rodríguez.

No certificado de aprobación definitiva figuran os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle da zona M da modificación núm. 1 do proxecto sectorial do parque de actividades económicas de Arteixo.

Segundo. Publicar o Acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificar o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamiento Urbanístico de Galicia.

Contra o acordo de aprobación definitiva deste estudo de detalle, instrumento de planeamento que ten natureza de disposición xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio (artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

O contido íntegro do estudo de detalle pódese consultar no seguinte enderezo electrónico: https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/32eaa79e9a821b07e9b5c9f7c1c0b4d7fac7b198

Arteixo, 6 de maio de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución 1546/2020, do 10 de xullo,
modificada pola Resolución 3056/2020, do 18 de decembro)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro delegado da Área de Urbanismo e Patrimonio