Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27334

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 266/2021).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 266/2021 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Cristina Salcedo Gómez contra Dafreixa, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, recolleuse acta co seguinte contido:

Neste acto a demandante alega a presentación de papeleta de conciliación por despedimento. A súa señoría acorda a suspensión e fíxase para a celebración do xuízo o día 23 de xuño de 2021 ás 11.20 horas, quedando citado o demandante e acordándose a citación de Dafreixa, S.L., o Fogasa e o Ministerio Fiscal.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dafreixa, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza