Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, de notificación de inicio de trámite de audiencia en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Mandín-Feces de Abaixo-Feces de Cima (Verín-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de 10 días desde o dia seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do que se notifica.

Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada pola COVID-19, para efectuar a referida comparecencia deberase concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.

Ourense, 12 de maio de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesado

Acto notificado

34715643-H

Trámite de audiencia

Alves Carneiro, David

Trámite de audiencia