De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non puido efectuarse a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante a directora da Axencia Turismo de Galicia no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que consideren oportuno.
De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte, b) publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 235, do 5 de decembro).
A Coruña, 18 de maio de 2021
Ana T. Cimas Hernando
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña
ANEXO
Expediente: RITGA-E-2020-005633 (ref. AC-063/2020).
NIF: X7892620D.
Establecemento: café bar Tropical Coffee.
Enderezo: Paseo Marítimo, 6, baixo, O Temple.
Localidade: Cambre.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, letra a) e letra b), da Lei 7/2011.
Resolución: 29 de abril de 2021.
Sanción: multa por importe de trescentos euros (300 €).