Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27338

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (317/2020).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento DSP 317/2020 deste xulgado ditouse sentenza o 18 de marzo de 2021 contra a que se poderá interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da devandita resolución na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rubén Darío Fontán Ogando, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza