Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 2 de xuño de 2021 Páx. 27357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 18 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021038AE-LU, por infracción en materia de saúde pública.

O día 5 de abril de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou resolución de terminación por recoñecemento de responsabilidade e pagamento voluntario do expediente sancionador 2021038AE-LU, incoado á persoa titular do NIE Y4345651E.

Intentouse notificar a resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non se puido efectuar, polo que, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, se notifica á persoa interesada o contido da citada resolución.

A resolución non pon fin á vía administrativa e poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 114, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. A persoa interesada ten dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en rúa Montevideo, nº 9, Lugo, e a obter copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015.

Este anuncio expídese para que conste e sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento co disposto no artigo 44 da xa citada Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Lugo, 18 de maio de 2021

Mª Begoña Seco Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2021038AE-LU.

NIE da persoa interesada: Y4345651E.

Último enderezo coñecido: rúa Mesón, 34, 27865 Ourol.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia de saúde pública.