Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27071

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 24 de maio de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 14 de abril de 2021.

Mediante a Orde do 14 de abril de 2021 (DOG núm. 76, do 23 de abril), convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda e Administración Pública que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.2 e 92 da Lei do emprego público de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería, do 14 de abril de 2021, e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino da persoa funcionaria que obtivo a praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles contados a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles, se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle concedesen á persoa interesada. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data da alta.

Terceiro. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel en que obteña o destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado á Dirección Xeral da Función Pública. A seguir, realizaranse os trámites para a súa alta en nómina.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala, ante o órgano competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2021

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Datos do/da funcionario/a:

Apelidos e nome: Mourelo Ortueta, José Ángel.

Número de rexistro persoal: 3332707113 A207G.

Corpo ou escala: corpo de xestión, escala técnica de finanzas.

Subgrupo: A2.

Datos do posto de traballo:

Denominación: delegado/a.

Código do posto: FC.A29.10.000.36001.001.

Nivel: 28.

Complemento específico: 20.598,76 €.

Subgrupo: A1-A2.

Corpo ou escala: XMF1/XSF1.

Tipo de adscrición: (AXG) adscrición exclusiva a persoal funcionario da Administración da Xunta de Galicia.

Centro directivo ou dependencia: Axencia Tributaria de Galicia.

Localidade: Pontevedra.