Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27094

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DOI 31/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despido obxectivo individual 31/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sofía Gloria Solla Pérez, María Carmen Domínguez Seren, Rosa Ana Blanco Santos, Rosa Guillán Sanmiguel, María Dolores Nogueira Rodríguez, Ana Isabel González Diz, María Soledad Varela Torres, Susana Vilas Rodríguez, María Auxilio Romero Bóveda contra a empresa Viajes Silgar, S.A., Juan Ramiro Agra Requeijo, Servicios Integrales Dos Andando, S.L., Fogasa, Nurtime, S.L., sobre despedimento, se ditou con data 5 de maio de 2021 sentenza, impugnable en suplicación no prazo de cinco días, a cal se atopa á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Viajes Silgar, S.A., Servicios Integrales Dos Andando, S.L., Nurtime, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 7 de maio de 2021

A letrada da Administración de xustiza