Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 27063

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2021, da Xerencia da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos de novas asociacións.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018, pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos das seguintes asociacións:

Aspace-Lugo

Asociación de Persoas con Parálise Cerebral de Lugo

Asorlu

Asociación de Persoas Sordas de Lugo

Acopros

Asociación de Colaboración e Promoción do Sordo

Agal

Asociación Galega de Lupus

ACARLU

Asociación Cardiolóxica Lucense

Airiños

Asociación Galega de Transplantes

Andade

Asociación Nacional de Amputados de España

Querendo

Asociación de Mulleres con Endometriose

Fegerec

Asociación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas

AGL

Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras patoloxías vasculares periféricas

AEPEF

Asociación Española de Paraparesia Espástica Familiar (Strümpell Lorrain)

Anedia

Asociación de Nenas, Nenos e Xente Nova con Diabetes de Galicia

Lugo, 20 de maio de 2021

Ramón Ares Rico
Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos