Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 1 de xuño de 2021 Páx. 26988

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar, no Diario Oficial de Galicia, unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio entre o Ministerio de Ciencia e Innovación (MCIN) e o Servizo Galego de Saúde (SGS), para o proxecto Sanidade Servizo de Microbioloxía 4.0 Saúde 4.0: Microbioloxía, cofinanciado con fondos Feder a través do programa operativo Feder Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020

Sen achega económica

17.12.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ingada, para o desenvolvemento de procesos asistenciais que melloren a asistencia sanitaria a persoas con trastorno por déficit de atención e hiperactividade (TDAH) e para a realización de actividades de formación dos/das profesionais do Servizo Galego de Saúde no ámbito deste trastorno

Sen achega económica

18.12.2020

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Política Social, para a subministración de material sanitario para facer fronte á pandemia da COVID-19

Sen achega económica

8.1.2021

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Meniños, para a cesión de uso dunha sala no centro de saúde de San Paio de Navia (Vigo) para o desenvolvemento do programa de atención prenatal e perinatal para nais en dificultade social

Sen achega económica

14.1.2021

Convenio entre o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións (INSS) e a Comunidade Autónoma de Galicia, para o control da incapacidade temporal durante o período 2021 a 2022

Sen achega económica

15.1.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Hospital Universitario de Ourense) e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE), para contribuír á integración das persoas con discapacidade

Sen achega económica

18.1.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Stanpa, para desenvolver o programa «Ponte guapa. Te sentirás mejor», no Hospital Universitario de Ourense (Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras)

Sen achega económica

20.1.2021

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.L., para o fomento da calidade asistencial e eficiencia e a súa efectiva aplicación na organización sanitaria do Sergas

Sen achega económica

26.1.2021

Prórroga do acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Axuda aos Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog), para o desenvolvemento dos proxectos de Asanog integrados no programa «Meu ben»

Sen achega económica

31.1.2021

Convenio marco de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, polo que se establecen as bases para a execución das obras do novo hospital do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña

Sen achega económica

1.2.2021

Acordo de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e Gadisa Retail, S.L.U., para a convocatoria do III Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes

Sen achega económica

23.2.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Antas de Ulla, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Antas de Ulla

Sen achega económica

26.2.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Abracadabra de magos solidarios

Sen achega económica

26.2.2021

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo, para a utilización das institucións sanitarias na docencia do grao universitario en Enxeñaría Biomédica

119.762,63 €

4.3.2021

Convenio entre o Ministerio de Sanidade e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia sobre a adhesión ao uso da aplicación Radar COVID

Sen achega económica

5.3.2021

Convenio de colaboración para facilitar o tránsito dos vehículos do servizo de transporte sanitario urxente polas autoestradas de peaxe entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia, Autopistas del Atlántico, CESA, Autoestradas de Galicia, CXG, S.A. e as empresas contratistas do servizo de transporte sanitario urxente

Sen achega económica

8.3.2021

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo, para o control aerobiolóxico de Galicia

174.240,00 €

10.3.2021

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e o Grupo de Investigación en Vacinas e Infeccións (GENVIP) do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, para a investigación aplicada en infeccións e vacinas en Galicia

Sen achega económica

26.3.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) e o Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas (Cimus) da Universidade de Santiago de Compostela, para un proxecto de desenvolvemento de ensaios in vitro para a medida de modulación do sistema inmune por compostos activos en quinasas e receptores nucleares en leucocitos en persoas doadoras sas

Sen achega económica

30.3.2021

Convenio entre a Consellería de Sanidade e a sociedade mercantil pública empresarial AENA SME, S.A., para realizar controis sanitarios voluntarios no aeroporto da Coruña con motivo da crise sanitaria provocada pola COVID-19

Sen achega económica

30.3.2021

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Universidade de Santiago de Compostela, para o fomento da doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos no ámbito desta universidade

Sen achega económica

30.3.2021

Convenio de colaboración da Consellería de Sanidade coa Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia

30.000,00 €

7.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios de Médicos de Galicia, para o desenvolvemento do programa de atención integral ao médico enfermo PAIME

44.063,00 €

15.4.2021

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Astrazeneca farmacéutica Spain, S.A., para a realización dunha pílula formativa e-learning sobre cancro de pulmón

Sen achega económica

15.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Rúa, para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello da Rúa

Sen achega económica

19.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo, para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto home de atención integral de persoas en risco e con trastornos adictivos da Comunidade Autónoma de Galicia

946.589,00 €

20.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Aclad, da Coruña, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

1.675.458,00 €

20.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada, de Vigo, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

1.491.986,00 €

20.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

928.435,00 €

20.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cruz Vermella de Lugo, para o desenvolvemento de programas de asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e outros trastornos adictivos

617.400,00 €

20.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC), para a abordaxe fisioterapéutica nas enfermidades raras e neurodexenerativas

31.755,00 €

27.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-Ultreia, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social.

47.943,09 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social.

6.779,91 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir Provincial, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

23.150,24 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

27.327,09 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xuridico-social

15.981,36 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Unidade de Tratamento do Alcohol e Condutas Adictivas Utaca, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

192.693,00 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Exalcohólicos de Ferrolterra, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

108.184,00 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcohología Asvidal, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

198.708,00 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico, para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos relacionados con substancias e trastornos adictivos

168.253,00 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-Integración, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa Itínere

104.152,00 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

105.604,20 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche, para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos adictivos. Programa atención xurídico-social

27.327,09 €

28.4.2021

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer (Fagal), para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores

70.446,00 €

29.4.2021