Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26863

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ORDE do 12 de maio de 2021 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, anunciada pola Orde do 5 de marzo de 2021 (Diario Oficial de Galicia número 54, do 22 de marzo).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Axencia Galega de Innovación, mediante a Orde do 5 de marzo de 2021 (DOG núm. 54, do 22 de marzo), esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria que se expresa no anexo I desta orde, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde do 5 de marzo de 2021.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está desfrutando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contarse a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa a funcionaria, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta axencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2021

Francisco José Conde López
Vicepresidente segundo e conselleiro de Economía,
Empresa e Innovación

ANEXO

Apelidos e nome: Picos García, Ana Belén.

DNI:****006**.

Código do posto: EI.A11.00.000.15770.020.

Consellería: Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Denominación do posto: Xefatura do Departamento de Coordinación do Polo Aeroespacial de Rozas.

Centro de destino: Axencia Galega de Innovación.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo/subgrupo: A1.

Nivel: 28.

Complemento especifico: 17.499,30 €.

Tipo adscrición: A11 (adscrición indistinta a persoal funcionario da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas).

Formación especifica: 640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego –requisito indispensable–), 954 (permiso de conducir B –requisito indispensable–).

* O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.