Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 31 de maio de 2021 Páx. 26904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 6 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no procedemento competencia desta xefatura territorial (expediente 2019/242-36).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázanse as persoas citadas no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no procedemento que se indica no referido anexo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro da resolución, as persoas interesadas por si ou a través dos seus representantes legais poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, da Xefatura Territorial en Vigo, da Consellería de Política Social, na rúa Concepción Arenal, nº 8, 1º andar, Vigo, de luns a venres laborais e en horario das 9.00 ás 14.00 horas. Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Vigo que por quenda corresponda, no prazo de dous meses e/ou no prazo de dous anos no caso de oposición ás resolucións administracións, desde o día seguinte á notificación da resolución, practicada por comparecencia, de conformidade co disposto no artigo 172.2 do Código civil.

Vigo, 6 de maio de 2021

Mª José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº expediente: 2019/242-36.

Interesados:

DNI: 39695082A.

DNI: 76814685K.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 30 de abril de 2021.

Efectos xurídicos que produce a resolución: establecemento de medida administrativa.