Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26685

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para adaptación de aliñacións no ámbito do Plan parcial do SU-10, A Costiña (expediente 2020006195).

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria celebrada o día 11 de marzo de 2021, acordou prestar aprobación inicial ao estudo de detalle para adaptación de aliñacións no ámbito do Plan parcial do SU -10, A Costiña, tramitado a instancia do Concello de Sanxenxo.

De conformidade co establecido no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de máis ampla difusión da provincia, co obxecto de que se poidan formular as alegacións que se consideren procedentes.

O documento inicialmente aprobado pode consultarse na sede electrónica do Concello de Sanxenxo (http://sede.sanxenxo.es), en «Verificar documentos», introducindo o seguinte CSV: OE9615OIFISRY2IM.

Sanxenxo, 14 de abril de 2021

María Deza Martínez
Alcaldesa accidental