Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26679

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mesía

ANUNCIO de información pública sobre o expediente de regularización do cemiterio parroquial de Santa María de Cumbraos.

En aplicación do disposto no número 3 da disposición adicional primeira do Decreto 151/2014, do 20 de novembro, de sanidade mortuoria de Galicia, e visto o informe técnico, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente de regularización do cemiterio parroquial de Santa María de Cumbraos, segundo o informe redactado polo arquitecto Santiago Cotón Díaz, con data do 30 de setembro de 2020, de acordo co que se indica a continuación:

Nº de expediente

Solicitante

Asunto

Situación

2020/X999/000242

Juan González-Redondo Neira e/r da parroquia de Santa María de Cumbraos

Regularización do cemiterio parroquial de Santa María de Cumbraos

Cemiterio de Santa María de Cumbraos

Queda o expediente á disposición de calquera persoa que queira examinalo para formular alegacións nas oficinas municipais, sitas en Xanceda, das 8.00 ás 15.00 horas.

Mesía, 5 de maio de 2021

Mariano Iglesias Castro
Alcalde presidente