Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante esta cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar, en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, previa cita no teléfono 986 81 70 11.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día ao da súa publicación, de acordo co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización dos impresos que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Emprego e Igualdade, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que noutro caso se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Vigo, 10 de maio de 2021
Marta Mariño Regueiro
Xefa territorial de Pontevedra
anexo
Expediente: RL 2021/0027-4.
Acta: I362020000086318.
Empresa: Xestión do Deporte e Alimentación, S.L.
Enderezo: rúa Serafín Avendaño, 18, 2º C, Vigo.
Materia: relacións laborais.
Preceptos infrinxidos: artigo 15.1.a) do texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/215, do 23 de outubro, en relación co artículo 2 do Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro.
Preceptos sancionadores: artigos 39.2 e 40.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data resolución: 8.4.2021.
Resolución: multa de 1.250 €.