Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26637

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 12 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Lugo, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación do parque eólico de Carracedo (expediente LU-11/126-EOL).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante o presente anuncio convócanse todas a persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo parque eólico Carracedo, no concello da Pastoriza, que se sinalan no cadro anexo e que terá lugar nas oficinas do citado concello.

Lugo, 12 de maio de 2021

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente LU-11/126-EOL.

Denominación: parque eólico Carracedo.

Concello da Pastoriza (Lugo).

Predios

Propietario

Data

Hora

14

Benedicta Muíña Fernández

14.6.2021

10.45

14

Fe Muíña Fernández

14.6.2021

10.45