Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 28 de maio de 2021 Páx. 26495

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 18 de maio de 2021 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2021.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade aos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no primeiro cuadrimestre do ano 2021, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2021

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no primeiro cuadrimestre de 2021

Descrición

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Vilariño de Conso para mellorar a accesibilidade da vía OU-0701

9.3.2021

25.814,60

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Valga para a segunda fase da dotación de servizos e pavimentación na PO-190, desde o p.q. 0+470 ao p.q. 1+290

29.4.2021

531.498,30