Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26313

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2021 pola que se publica a modificación do plan de estudos de graduado ou graduada en Enxeñaría Eléctrica.

O plan de estudos do título de graduado ou graduada en Enxeñaría Eléctrica pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 30 de marzo de 2011 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 18 de abril, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 11 de febreiro de 2011, publicado mediante Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 25 de febreiro de 2011 no BOE do 16 de marzo.

A Universidade da Coruña, co fin de implantar a formación dual neste grao, presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

A formación dual é unha práctica educativa en que existe un período formativo no centro educativo e outro nunha empresa ou organización. Durante o período de formación na empresa ou organización, esta corresponsabilízase da formación do alumnado xunto coa universidade e baixo a supervisión de ambos os dous titores da universidade e da empresa ou organización.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de graduado ou graduada en Enxeñaría Eléctrica pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2019/20.

A Coruña, 4 de maio de 2021

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de graduado
ou graduada en Enxeñaría Eléctrica pola Universidade da Coruña

Código RUCT: 2502207.

Este título habilita para o exercicio da profesión regulada de enxeñeiro técnico industrial, de acordo coa Orde CIN/351/2009, do 9 de febreiro, pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da dita profesión (BOE do 20 de febreiro).

Plan de estudos que se inicia no curso 2019/20 por modificación do plan anterior.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de disciplina:

Tipo de disciplina

Créditos ECTS

Formación básica (FB)………….....……….

Obrigatorias (OB)……..…………….........…

Optativas (OP)…..…….…………….....……

Traballo fin de grao (TFG)………..…......…

Total…………...……………………….....…..

60

138

24

18

240

3. Opcións de formación.

En 4º curso ofértanse dúas opcións de formación:

Módulo Transversal de Formación Académica (FA).

Módulo Transversal de Formación Dual (FD).

Cada módulo leva implícito unhas disciplinas optativas determinadas.

4. Contido do plan de estudos.

4.1. Créditos de formación básica: distribución por materias e ramas de coñecemento.

Rama de coñecemento

Materia básica

Disciplina

Créditos ECTS

Curso

Enxeñaría e Arquitectura

Matemáticas

Cálculo

6

Álxebra

6

Ecuacións Diferenciais

6

Estatística

6

Física

Física I

6

Física II

6

Informática

Informática

6

Química

Química

6

Expresión Gráfica

Expresión Gráfica

6

Empresa

Xestión Empresarial

6

4.2. Contido do plan de estudos por módulo.

Módulo

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Curso

Formación básica

Cálculo

FB

6

Álxebra

FB

6

Ecuacións Diferenciais

FB

6

Estatística

FB

6

Física I

FB

6

Física II

FB

6

Informática

FB

6

Química

FB

6

Expresión Gráfica

FB

6

Xestión Empresarial

FB

6

Común á rama industrial

Termodinámica

OB

6

Mecánica de Fluídos

OB

6

Resistencia de Materiais

OB

6

Ciencia de Materiais

OB

6

Fundamentos de Electricidade

OB

6

Fundamentos de Electrónica

OB

6

Fundamentos de Automática

OB

6

Teoría de Máquinas

OB

6

Enxeñaría Medioambiental

OB

6

Organización de Empresas (FD/FA)

OB

6

Tecnoloxías de Fabricación

OB

6

Oficina Técnica (FD/FA)

OB

6

Tecnoloxía específica: electricidade

Máquinas Eléctricas

OB

6

Accionamento de Máquinas Eléctricas

OB

6

Instalacións Eléctricas en Baixa Tensión

OB

6

Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión

OB

6

Transporte de Enerxía Eléctrica

OB

6

Circuítos Eléctricos de Potencia

OB

6

Centrais Eléctricas

OB

6

Instalacións de Enerxías Renovables

OB

6

Electrónica de Potencia

OB

6

Automatización

OB

6

Obrigatoria de enxeñaría eléctrica

Enxeñaría Gráfica (FD/FA)

OB

6

Optativas

Vehículo Eléctrico (FA)*

OP

6

Medidas e Tarifas Eléctricas (FA)

OP

4,5

Xestión Eficiente da Enerxía Eléctrica (FA)

OP

4,5

Enxeñaría do Mantemento Industrial (FA)

OP

4,5

Domótica e Xestión Técnica das Instalacións (FA)

OP

4,5

Prácticas en Empresa (FA)

OP

4,5

Prácticas en Empresa I (FD)

OP

6

Prácticas en Empresa II (FD)

OP

18

Traballo fin de grao

Traballo fin de grao (FD/FA)

TFG

18

FD: Formación dual.

FA: Formación académica.

* Disciplina optativa de obrigado cumprimento no Módulo Transversal de Formación Académica.

4.3. Contido do plan de estudos por curso académico.

Primeiro curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Cálculo

FB

6

Informática

FB

6

Física I

FB

6

Química

FB

6

Xestión Empresarial

FB

6

Expresión Gráfica

FB

6

Álxebra

FB

6

Física II

FB

6

Estatística

FB

6

Ciencia de Materiais

OB

6

Segundo curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Ecuacións Diferenciais

FB

6

Termodinámica

OB

6

Fundamentos de Electricidade

OB

6

Enxeñaría Medioambiental

OB

6

Teoría de Máquinas

OB

6

Tecnoloxías de Fabricación

OB

6

Mecánica de Fluídos

OB

6

Fundamentos de Automática

OB

6

Fundamentos de Electrónica

OB

6

Resistencia de Materiais

OB

6

Terceiro curso.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Instalacións Eléctricas en Baixa Tensión

OB

6

Circuítos Eléctricos de Potencia

OB

6

Centrais Eléctricas

OB

6

Instalacións de Enerxías Renovables

OB

6

Máquinas Eléctricas

OB

6

Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión

OB

6

Automatización

OB

6

Electrónica de Potencia

OB

6

Transporte de Enerxía Eléctrica

OB

6

Accionamento de Máquinas Eléctricas

OB

6

Cuarto curso.

Módulo Transversal de Formación Académica.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Oficina Técnica

OB

6

Organización de Empresas

OB

6

Enxeñaría Gráfica

OB

6

Vehículo Eléctrico

OP

6

Medidas e Tarifas Eléctricas

OP

4,5

Xestión Eficiente da Enerxía Eléctrica

OP

4,5

Enxeñaría do Mantemento Industrial

OP

4,5

Domótica e Xestión Técnica das Instalacións

OP

4,5

Prácticas en Empresa

OP

4,5

Traballo fin de grao

TFG

18

En 4º curso, no Módulo Transversal de Formación Académica, deberase cursar de obrigado cumprimento a disciplina optativa «Vehículo Eléctrico» e elixir e cursar 4 disciplinas optativas das outras 5 ofertadas no módulo.

Cuarto curso.

Módulo Transversal de Formación Dual.

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Oficina Técnica

OB

6

Organización de Empresas

OB

6

Enxeñaría Gráfica

OB

6

Prácticas en Empresa I

OP

6

Prácticas en Empresa II

OP

18

Traballo fin de grao

TFG

18

A unidade temporal de todas as disciplinas é cuadrimestral, a excepción do traballo fin de grao que é anual, e en cada curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, tendo en conta que a disciplina anual ten unha distribución de créditos que así o permite.

5. Condicións de terminación.

O alumnado, para obter o título de graduado ou graduada en Enxeñaría Eléctrica pola Universidade da Coruña, deberá superar 240 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, logo de elixir en 4º curso o Módulo Transversal de Formación Académica ou o Módulo Transversal de Formación Dual.