Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26347

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

EDICTO (PO 4048/2021).

Neste órgano xudicial, co número de procedemento ordinario 4048/2021, seguido por instancia de F.J.V.G. contra o Concello de Tui (Pontevedra), tramítase recurso contencioso-administrativo fronte ao Plan especial de protección do casco histórico de Tui, aprobado definitivamente por acordo do Pleno Municipal, do 29 de decembro de 2020.

Polo que en cumprimento da dilixencia de ordenación do 3 de maio de 2021 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade ao dereito da disposición impugnada.

A Coruña, 4 de maio de 2021

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza