Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 27 de maio de 2021 Páx. 26384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2021206AE-OU por infraccións en materia sanitaria.

O 29 de marzo de 2021, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2021206AE-OU incoado ao titular do NIE Y1582819L, con enderezo na rúa Villaescusa, 20, 32002 Barbadás (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícaselle ao titular do NIE Y1582819L, con enderezo na rúa Villaescusa, 20, 32002 Barbadás (Ourense), o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, segundo o disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias da Xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que, antes da resolución do procedemento, ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción, establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 7 de maio de 2021

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 2021206AE-OU.

DNI/NIF/CIF/NIE: Y1582819L.

Último enderezo coñecido: rúa Villaescusa, 20, 32002 Barbadás (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Precepto presuntamente infrinxido: Orde do 7 de outubro de 2020 pola que se establecen determinadas medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 nas comarcas de Allariz-Maceda, O Carballiño, Ourense, O Ribeiro, Valdeorras e Verín, na provincia de Ourense (DOG número 203-Bis, do 7 de outubro).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300 €).