Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 26 de maio de 2021 Páx. 26254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 5 de maio de 2021, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación das bases de reestruturación parcelaria da zona de Oleiros (Silleda-Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Oleiros (Silleda-Pontevedra) que, con data do 3 de maio de 2021, a directora xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Obtido informe favorable do Comité Técnico Asesor pola documentación integrante das bases de reestruturación parcelaria da zona de Oleiros (Silleda-Pontevedra), e á vista do informe do Servizo Provincial de Infraestruturas Agrarias –oída a Xunta Local da zona–, ao amparo do disposto polo artigo 26 da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, polo presente acto apróbanse as Bases de reestruturación parcelaria da zona de Oleiros (Silleda-Pontevedra).

O Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra, disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da recepción persoal ou publicación substitutiva.

Pontevedra, 5 de maio de 2021

Mª José Pérez Gil
Xefa do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra