Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25977

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-203/2021-PPM e oito máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-203/2021-PPM e oito máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 6 de maio de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-203/2021-PPM

53119497P

Inicio

Bt. de Zumárraga, 76, 3º E, Vitoria-Gasteiz

PSC-CO-252/2021-PPM

76969422Z

Inicio

Rúa Barranqueira. Porto do Son

PSC-CO-255/2021-PPM

Y8022447S

Inicio

Avda. Ferrol, 29, 2º. Ribeira

PSC-CO-260/2021-PPM

33282126E

Inicio

Ponte Goiáns, 2. Escarabote, Boiro

PSC-CO-314/2021-PPM

X8385445J

Inicio

Avda. Ferrol, 29, 2º. Ribeira

PSC-CO-316/2021-PPM

52932300P

Inicio

Lamas y Andrés. A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-319/2021-PPM

52453262Z

Inicio

Costadal. Escarabote, Boiro

PSC-CO-329/2021-PPM

52934117P

Inicio

Baroña, Porto do Son

PSC-CO-336/2021-PPM

76778140T

Inicio

Vista Alegre, 265. Escarabote, Boiro