Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 25 de maio de 2021 Páx. 25963

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS618D (expediente 15030011420 e nove máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no uso da competencia atribuída a esta xefatura territorial, intentada a notificación do requirimento de emenda de solicitudes no último domicilio dos/as interesados/as sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, a través deste anuncio emprázanse as persoas que se citan no anexo I para seren notificadas dos ditos actos administrativos. Así, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte á data da publicación do dito anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), poderán comparecer persoal ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para examinar o contido íntegro dos actos e dos seus expedientes, adventíndolles que, no caso de non o facer, se terán por notificadas ao vencemento do prazo indicado para comparecer. Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Advírtese que, transcorrido o prazo que se indique no requirimento contado desde o día seguinte á súa notificación por comparecencia sen ter realizada a emenda, teranse por desistidas das súas solicitudes, logo de ditar a correspondente resolución atendendo ao establecido nos artigos 21 e 68 da devandita Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A Coruña, 8 de abril de 2021

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Data requirimento

Documento/s requirido/s

Y7646945B

BS618D 15030011420

26.1.2021

1, 2

Y7667248M

BS618D 15030011520

27.1.2021

1, 3

32943713P

BS618D 15030011920

1.2.2021

1, 4

X1787785H

BS618D 15030012620

17.2.2021

1, 4, 5

54705234X

BS618D 15031003420

3.2.2021

1, 6

32699223P

BS618D 15036004120

18.2.2021

5, 7

32701191K

BS618D 15036014419

3.3.2021

5

79336401V

BS618D 15057000420

22.2.2021

1, 3, 6

49404802C

BS618D 15078008120

26.1.2021

5

52839488R

BS618D 15078019220

25.1.2021

1

ANEXO II

Documentación requirida

Descrición do requirimento

D.1

Certificado/movementos bancarios

D.2

Contrato de alugamento

D.3

Certificado de empadroamento

D.4

Completar formulario de solicitude

D.5

Acreditar débeda/presentar orzamento de gastos

D.6

Declaración responsable

D.7

DNI/NIE