Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 6 de maio de 2021, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador ANP-PO-0009/2021 e dez máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles ás persoas relacionadas no anexo os actos que se indican, despois de que fosen devoltos polo servizo de Correos por resultar descoñecidos ou porque, tentadas dúas veces as notificacións, estas non se puideron efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar estes actos na sede da Xefatura Territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Os actos foron adoptados por quen se indica no anexo.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 6 de maio 2021

José Manuel González González
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

NIF-Interesado

Acto notificado

Acto adoptado polo

ANP-PO-0009/2021

76899535R

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0037/2021

78595849L

Proposta

Instrutor

ANP-PO-0072/2021

35483790B

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0083/2021

53196774M

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0084/2021

45861648Q

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0087/2021

34991496D

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0089/2021

39463731D

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0095/2021

15490501R

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0097/2021

48323262D

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0104/2021

54470683J

Incoación

Xefe territorial

ANP-PO-0115/2021

50772552Y

Incoación

Xefe territorial