Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25757

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-207/2021-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-207/2021-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de 15 días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 do Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 5 de maio de 2021

Mª José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-207/2021-PPM

76965597F

Inicio

Avda. Constitución, 59, 1º D, Boiro

PSC-CO-247/2021-TRA

47387055V

Inicio

Lug. As Xubias de Abaixo, 56, A Coruña

PSC-CO-271/2021-PPM

47379840R

Inicio

Visma, Mazaido, 45, A Coruña

PSC-CO-287/2021-PRE

53302264V

Inicio

Avda. Hermida, 15, Culleredo

PSC-CO-340/2021-PPM

76968933P

Inicio

Angustia, 38, A Pobra do Caramiñal

PSC-CO-371/2021-PPM

53483528H

Inicio

Magdalena, 65, 2º, Escarabote, Boiro