Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 24 de maio de 2021 Páx. 25762

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 6 de maio de 2021, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se lles dá audiencia aos interesados no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade có disposto no artigo 44º e 82º da Lei 39/2015 do Procedemento administrativo común e das administracións públicas, do 1 de outubro, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa da autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Mediante visita da Inspección, da Área Provincial de Turismo de Ourense, comprobou que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística para a cal foron autorizados no seu día.

Ao considerar que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta xefatura territorial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas de Comunidade Autónoma Galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.

O que se lles notifica aos titulares dos establecementos referidos, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contido nel, na Área Provincial de Turismo de Ourense.

Ourense, 6 de maio de 2021.

Cecilio Santalices de la Escosura Mourille
Xefe da Área Provincial de Turismo

ANEXO

Establecemento

Titular

Enderezo

Concello

Restaurante El Rincón de Patricia

Patricia Cofán Reigada

Polígono de Barreiros 33

San Cibrao das Viñas

Restaurante Reboredo

Regina Rfomay Vázquez

Reboredo 21

San Cibrao das Viñas

Restaurante Serendipity

Geovanny Adrián Santana Paucar

Avda. Habana, 40 b

Ourense

Cafetería Chicago

Plácido Farto Devesa

Constitución 53b

Xinzo de Limia

Restaurante Terra Nova

Teresa Casal Diz

Rio Arnoia 16

Xinzo de Limia

Restaurante Vila

José Benito Rodriguez Neira

Leopoldo Alvarez 9

Xinzo de Limia

Cafeteria Empache

Juan Luis Alvarez da Cunha

Curros Enriquez 16

Xinzo de Limia

Restaurante Gallego

Montserrat Fuentes Macía

Cerdedelo

Laza

Restaurante O Meu Lar

Dolores Teixeira Salgado

Avenida de Laza 57b

Verin

Restaurante Frasco

Mª Carmen López Alvarez

Estrada Nacional 525

Riós