Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25499

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilaboa

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a reordenación de volumes na parcela dotacional e-018 da casa do Concello.

En cumprimento co artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación sometida a exposición pública estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias do Servizo de Urbanismo e na sede electrónica deste concello: http://vilaboa.sedelectronica.es

Vilaboa, 14 de maio de 2021

César Poza González
Alcalde