Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25482

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 5 de maio de 2021 de emprazamento para o trámite de audiencia relativo ao recurso de reposición PON/266/2018-R1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a María Dolores Villasenín Álvarez o trámite de audiencia ditado no expediente PON/266/2018-R1, en relación coas obras consistentes en construción dunha edificación para garaxe e dun contedor metálico, que se levan a cabo na rúa Paseo de Portugal, 89, Camposancos, no termo municipal da Guarda, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegar e presentar os documentos e informacións que xulgue pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística