Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25458

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 5 de maio de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación IN407A 2016/370-1, no concello de Irixoa.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Manide-Pirineo, no concello de Irixoa (expediente IN407A 2016/370-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa do concello citado.

A Coruña, 5 de maio de 2021

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/370-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Manide-Pirineo.

Concello: Ribeira.

Predios

Titularidade proposta

Data

Hora

9

José Sanmartín Abad

17.6.2021

10.20

17, 48 e 61

Herdeiros de Julia Golpe Porto

17.6.2021

11.50