Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25145

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei de Galicia 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2021

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO

Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei de Galicia 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia adoptou o seguinte acordo:

1º. Constituír un grupo de traballo cos representantes designados por cada parte para tratar de alcanzar un acordo extraprocesual respecto das discrepancias manifestadas pola interposición do recurso de inconstitucionalidade con número de asunto 1975-2021 en relación co apartado cinco do artigo único da Lei da Comunidade Autónoma de Galicia 8/2021, do 25 de febreiro, de modificación da Lei de Galicia 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, en canto dá unha nova redacción ao artigo 38.2 da lei modificada.

2º. Designar un grupo de traballo cos representantes que designe cada unha das partes que proceda a desenvolver as negociacións necesarias para tal efecto.

Miquel Octavi Iceta i Llorens

Ministro de Política Territorial e
Función Pública

Alfonso Rueda Valenzuela

Vicepresidente primeiro e conselleiro de
Presidencia, Xustiza e Turismo