Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 21 de maio de 2021 Páx. 25466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 30 de abril de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2020130TACO, por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2020130TACO incoado a 54941572T.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 30 de abril de 2021

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2020130TACO.

DNI/NIF/CIF: 54941572T.

Derradeiro enderezo coñecido: San Roque de Afuera, 19, 2º, 15005 A Coruña.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.