Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24818

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 3879/2020 PM).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 3879/2020 PM

Xulgado de orixe/autos: SSS Seguridade Social 941/2019 Xulgado do Social número 1 de Ourense

Recorrente: Daniel Rodríguez García

Avogado: Diego Garrido Rodríguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Cufica Los Campos, S.L., Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61

Avogado: letrado da Seguridade Social, Guillermo Amigo Estrada

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 3879/2020 desta sección, seguidos por instancia de Daniel Rodríguez García contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Pizarras Cufica Los Campos, S.L., Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61, sobre accidente de grao, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Daniel Rodríguez García, contra a Sentenza con data do 4 de febreiro de 2020, ditada polo Xulgado do Social número1 de Ourense, en proceso promovido pola recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua Fremap e a empresa Cufica Los Campos, S.L., debemos confirmar e confirmamos a dita resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para a unificación de doutrina que ha de prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Pizarras Cufica Los Campos, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza