Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 20 de maio de 2021 Páx. 24822

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 314/2021-S).

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 314/2021 desta sala, seguido por instancia de Manuel Penido Espiño contra o Fogasa, Transportes Peña Burela, S.A.; Frigoríficos Costa Norte, S.A.; Trabajos y Servicios Exteriores, S.L.; Támega, S.L.; Fisterra TIG, S.L.; Lucense de Servicios Logísticos, S.L.; Admón. Concursal Grupo Támega, S.L.; Admón. Concursal Sociedad Fisterra TIG, S.L.U., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Resolvemos:

Que, rexeitando o recurso de suplicación interposto pola representación legal do demandante Manuel Penido Espiño contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, nos presentes autos sobre despedimento tramitados por instancia do referido recorrente fronte ás empresas Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.U.; Grupo Támega, S.L.; Transportes Peña Burela, S.A.; Frigoríficos Costa Norte, S.A.; Trabajos y Servicios Exteriores, S.L.; Jesús Antonio Amarelo Fernández (como administrador concursal do Grupo Támega, S.L. e de Fisterra Transportes Internacionales de Galicia, S.L.U.), Lucenses de Servicios Logísticos, S.L. e o Fogasa, debemos confirmar e confirmamos integramente a devandita sentenza.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida dos catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario na forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo de observacións ou concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase a certificación para a constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao Xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación na forma legal a Transportes Peña Burela, S.A.; Frigoríficos Costa Norte, S.A.; Trabajos y Servicios Exteriores, S.L.; Támega, S.L. e Fisterra TIG, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza