Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24708

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cambre

ANUNCIO da convocatoria para a provisión do posto de traballo de inspector xefe da Policía local, mediante o procedemento de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 69, do 15 de abril de 2021, publicáronse integramente as bases aprobadas mediante a resolución da concelleira delegada da Área de Economía, Facenda e Recursos Humanos, número 470/2021, do 9 de abril, reguladoras da convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación con convocatoria pública, do posto vacante de inspector xefe da Policía local do Concello de Cambre, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local e grupo/subgrupo de clasificación profesional A2.

O prazo de presentación de solicitudes para tomar parte na presente convocatoria é de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Cambre, 22 de abril de 2021

O alcalde
P.D. (Resolución 1323, do 1.7.2019)
María Dolores Pan Lesta
Concelleira delegada da Área de Economía,
Facenda e Recursos Humanos