Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24594

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Emprego e Igualdade

ORDE do 7 de maio de 2021 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo convocado mediante Orde do 18 de marzo de 2021.

Mediante Orde do 18 de marzo de 2021 (DOG núm. 61, do 31 de marzo) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, correspondente a secretario/a do Consello Galego de Relacións Laborais.

Segundo o artigo 17 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, corresponde ás persoas titulares das consellerías prover os postos de traballo clasificados como de libre designación logo de convocatoria pública; determinando, por outra banda, o artigo 88.2. establece que as convocatorias para prover postos de traballo polo procedemento de libre designación, así como as respectivas resolucións, teñen que ser publicadas no Diario Oficial de Galicia polo órgano competente para efectuar as adxudicacións dos postos.

O artigo 10.1 da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais dispón que o secretario ou secretaria deste órgano nomearase por orde da persoa titular da consellería competente en materia de traballo, entre persoal funcionario pertencente ao subgrupo A1, por proposta da Presidencia do Consello Galego de Relacións Laborais, logo de consulta coas organizacións empresariais e sindicais representadas neste. Logo de efectuada a dita consulta polo órgano competente e emitida a correspondente proposta , esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde do 18 de marzo de 2021, desta consellería, e designar a persoa funcionaria, cuxos datos se sinalan no anexo desta orde, para ocupar o posto que tamén se especifica.

Segundo. O cesamento no actual destino da funcionaria que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se na data en que debe cesar no seu destino a funcionaria está exercendo un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando o adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Terceiro. A persoa responsable do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como a daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2021

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Emprego e Igualdade

ANEXO

Apelidos e nome: Fabeiro Varela, Cristina.

DNI: **8386***.

Grupo/Subgrupo: A1.

Corpo ou escala: 2060-Corpo Superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Código do posto: TR.I01.00.000.15770.020.

Denominación: secretario/a do Consello Galego de Relacións Laborais.

Nivel: 30.

Centro directivo: Consello Galego de Relacións Laborais.

Localidade: Santiago de Compostela.

(*) O DNI amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.