Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24649

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 3 de maio de 2021, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente OU-00845-O-2020).

A persoa titular da Xefatura Territorial de Ourense ditou a resolución dos expedientes sancionadores número OU-00845-O-2020 por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recibo no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Comunicáselles que contra a resolución sancionadora, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes (1) contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

En caso de conformidade coa resolución sancionadora, a persoa interesada deberá aboar a multa imposta, empregando o modelo impreso que se facilitará no Servizo de Mobilidade da Xefatura Territorial de Ourense.

No caso de non presentar recurso de alzada e non pagar a sanción imposta, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento segundo o previsto na normativa vixente.

Ourense, 3 de maio de 2021

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

anexo

Expediente

Matrícula

DNI/CIF Persoa sancionada

Infracción cometida

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

OU-00845-O-2020

2551-DKS

44448837A

Exceso de peso superior ao 5 %.

8.10.2020; 20.31; A-52; 193,0

Artigo 142.2 LOTT

Artigo 143.1.c) LOTT

301 euros