Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 19 de maio de 2021 Páx. 24636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (ETX 179/2020).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 179/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lorena Barrio Campo contra Wearekling, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de Sentenza do 13.4.2021, contra o cal non cabe recurso ningún.

E para que sirva de notificación na forma legal a Wearekling, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de abril de 2021

A letrada da Administración de xustiza