Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24259

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2021 pola que se publican os convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2021.

De conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícase a relación dos convenios de colaboración que asinou a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural no primeiro cuadrimestre de 2021, que figuran no anexo.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2021

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega

Escola Galega da Administración Pública e Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación

19.2.2021

Sen achega

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural e Concello da Peroxa

Proxecto senlleiro para a ampliación da montaxe expositiva «O Lebre de Casarizas, unha vida de máquinas e inventos»

22.4.2021

39.600 €