Visto o expediente para autorización administrativa previa e de construción para da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, nº 9, 27003 Lugo.
Denominación: liña soterrada de media tensión LP Augas Férreas, Aviación Española G. La Paz (Lugo).
Situación: concello de Lugo.
Visado: si, Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, con número de visado 20210142 con data do 22 de xaneiro de 2021.
Características técnicas principais:
• Liña soterrada de media tensión a 20 kV, con orixe nunha cela existente do CT (109) Aviación Española e final nunha cela existente do CT (6727) G. La Paz, cunha lonxitude de 145 metros en condutor RHZ1-240.
Finalidade da instalación: mellora de instalacións.
Orzamento: 24.152,17 €.
Documentación complementaria:
• Separata para o Concello de Lugo.
Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, do 23 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira: as instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, debendo realizarse a dirección de obra por técnico competente.
Segunda: a peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira: en todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas da alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
Lugo, 3 de maio de 2021
Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo