Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 18 de maio de 2021 Páx. 24340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 29 de abril de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lles notifican ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR925A 2019/24 e trece máis.

Unha vez intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no enderezo que consta nos correspondentes expedientes, estas non puideron efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2021

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI/pasaporte

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR925A 2019/24

27032700415

Resolución

12.6.2020

PR925A 2019/31

XDA328213

Resolución

15.6.2020

PR925A 2019/32

XDA670053

Resolución

12.6.2020

PR925A 2019/35

XDB189887

Resolución

12.6.2020

PR925A 2019/36

XDA249411

Resolución

30.3.2020

PR925A 2019/37

XDD148487

Resolución

30.3.2020

PR925A 2019/38

XDC342625

Resolución

30.3.2020

PR925A 2019/41

XDC436971

Resolución

12.6.2020

PR925A 2019/42

XD595030

Resolución

12.6.2020

PR925A 2019/43

XD045528

Resolución

12.6.2020

PR925A 2019/46

V 9655545

Resolución

18.6.2020

PR925A 2019/33

XDB107274

Resolución

9.6.2020

PR925A 2019/34

XDB331065

Resolución

9.6.2020

PR925A 2019/40

XDC487577

Resolución

9.6.2020